martes, 31 de decembro de 2013


  A FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO, pretende lembrar os tempos, non demasiado lonxanos, nos que os veciños  xuntabanse para traballar no campo(neste caso para sementar o millo) axudados de aparellos tradicionais carentes de motor e/ou de animais. Tempos nos que o campo convertíase nun punto de encontro. Nun escenario, resultado da necesaria colaboración entre  veciños e familiares, no que participaban pequenos e maiores durante longas xornadas clausuradas polas papatorias campestres,normalmente envoltas en cestas de mimbre, que pola xeral, contaban co son das gaitas e as cantigas populares como banda sonora.


  En resumo, a Festa da Sementeira é unha recreación de todo iso cun marcado caracter festivo.
  Ademais, dentro das actividades da festa incluímos as Olimpiadas do campo na que a orixinalidade das probas(dende lanzamento de sacho ou de boina,ata carreiras con carretillas... )fan que sexan unha das actividades que desperten maior curiosidade.