SEMENTEIRA 2012

Graciñas a toda a xente que acudichedes a cita coa Festa da Sementeira, e que fixechedes desta todo un éxito, con cerca de 40 postos de artesanía, con peche das incripcións nas Olimpiadas do Campo dous días antes por completarse xá ás prazas dispoñibles, butacas cheas para asistir ás charlas sobre agricultura ecolóxica, monólogo de Cándido Pazó e actuación de Ardentía abarrotadas. Moreas e moreas de xente durante os dous días,na hora da labranza, na hora da Sementeira, acompañando aos bois e aos catro quintos no pasarúas dende o Torreiro... O broche final, pusoo o Cé Orquestra Pantasma,ao que os asistentes o obrigaron a máis de 3 horas de actuación. Graciñas a tod@s os que nos axudastes, dun xeito ou de outro a facer posible a festa da Sementeira, sen a vosa axuda sería non sería posible, graciñas a tod@s outra vez.



Ningún comentario:

Publicar un comentario